Entradas

XOGA COAS MANCIÑAS

Imagen
        A diputación de Pontevedra acolleu onte a entrega de premios do V Concurso " Xoga coas manciñas " impulsado pola Organización de Diversidade Sensorial de Galicia Xogar, polo Día Nacional das Linguas de Signos. Pois na categoría de Primaria, o CEIP A LOMBA, foi o segundo gañador coa canción "Volver a casa por Nadal". Parabéns a todos e todas 👏👏👏👏 Aquí vos deixo os vídeos cos participantes do noso centro.  E por último, aquí temos ao gañador. Pincha o enlace e verás aos nenos de 5º C interpretar "Volver a casa por Nadal". Volver a casa por Nadal en lingua de signos por 5ºC

ASÍ FESTEXAMOS A SEMANA DAS LETRAS GALEGAS NO CEIP A LOMBA

Imagen
 É un tópico dicir que o Día das Letras Galegas non soamente é o 17 de maio, pero é certo. Debemos celebralo os 365 días do ano. E como?   Pois co único homenaxe posible, falando en galego. Pero nestas datas de maio, tamén non apetece festexalo especialmente, por iso, dende o noso centro, organizamos diferentes actividades para homenaxear a Florencio Delgado e celebrar este gran día :)      O venres 13, no edificio base, celebramos un festival en galego no que non faltaron diferentes actuacións de baile, cancións e recitado de poemas.      O luns 16, acudimos ao auditorio de Vilagarcía a un certame que organizou o concello para homenaxear ao escritor protagonista deste ano. Alí recitamos varias poesías do seu poemario "Galicia infinda" e os máis pequenos bailaron unha muiñeira popular.      O mércores 18, o festival realizouse no Anexo.     O xoves 19, entregáronse os premios do II Certame de fotografía galega (Parabéns de novo aos gañadores 😜)     E rematamos a semana co co

ENTREGA DE PREMIOS DO II CERTAME DE FOTOGRAFÍA GALEGA DO CEIP A LOMBA

Imagen
  Estamos encantados coa participación aínda que este ano fora moi pouca. Pero  xa sabemos o motivo: esquecímonos de avisar nas aulas que o concurso estaba aberto, e moitas veces non se mira a páxina web do centro. O ano que ven, anunciaremos mellor o concurso, aínda que é moi importante que sigades sempre a páxina web do cole por calquera novidade que teñamos que dIcirvos. Aquí van as fotos da entrega de premios. Espero que desfrutedes coas lecturas. De novo, moitas grazas a todos e todas  pola participación e parabéns.

II CERTAME FOTOGRÁFICO DO CEIP A LOMBA: PARTICIPANTES E GAÑADORES

Imagen
  *Debido á baixa participación no certame, todo o alumnado participante recibirá un premio de literatura galega que se entregará o xoves 19 de maio en ambos ccentros.        "Aventureira no camiño" Manuela Maceira Cortiñas 1ºC                                                           " A maxia do Camiño fai que de súpeto, as pedras sexan ondas  e os albergues illas".                                               Vistas de Cortegada  que luce no solpor na Variante Espiritual do Camiño Portugués.                                                                                                                                                               Lorenzo Domínguez Romero 1ºA  "Cortegada, albergue do peregrino que navega pola variante Espiritual do Camiño Portugués"                                                                                                                                                                                       Nicolá

O MAÍÑO MAIO ...

Imagen
    E chegou maio e con él o calorciño, os días máis longos... e os Maios 👏 Nas clases estivemos colaborando co Maio do colexio e fixemos agunhas guirnaldas. Tamén trouxemos moitas flores, fiuncho, ovos, laranxas etc. Aquí vos deixamos unha mostra de como traballamos. Vémonos pronto ❤            

II CERTAME DE FOTOGRAFÍA GALEGA DO CEIP A LOMBA

Imagen
  II CERTAME DE FOTOGRAFÍA GALEGA DO CEIP A LOMBA (ALUMNADO) Este ano 2022, a Real Academia Galega dedícalle o Día das Letras Galegas a Florencio Delgado Gurriarán (Vilamartín de Valdeorras, 1903 – Fair Oaks (California)   1987),  que ademais de avogado, tamén foi un poeta galego fundador da revista Vieiros, da fundación do padroado da Cultura Galega en México así como da Irmandade galeguista e o Ateneo de Galicia. PARTICIPANTES Pode participar todo o alumando do centro, dende Educación Infantil ata 6º de Primaria. TEMÁTICA As imaxes presentadas deben estar situadas en Galicia e ter como obxectivo, destacar as paisaxes, a cultura, gastronomía, historia, arquitectura e costumes do pobo galego, puntuándose positivamente este ano, as relacionadas co camiño de Santiago ( Proxecto Documentado Integrado traballado ao longo de todo este curso no noso centro). Todas elas deberán vir acompañadas dun título en galego que pode ser unha palabra, unha frase ou ter forma de verso. Aínda q

Mariña e Manuel representaron ao CEIP A LOMBA no "Rosalía sempre viva"

Imagen
O noso agradecemento a Mariña e Manuel de 5º C que participaron o pasado mes de marzo na Casa-Museo Manuel María no  Concurso de recitado poético “Rosalía sempre viva”  representando ao CEIP A Lomba. Felicitámolos e ao mesmo tempo alegrámonos de que vivise unha grata experiencia. Compartimos dúas imaxes da súa participciòn que nos enviaron desde a Casa-Museo. Bravo!!   Estamos moi orgullos@s de vos.