Entradas

Mostrando entradas de mayo, 2022

ASÍ FESTEXAMOS A SEMANA DAS LETRAS GALEGAS NO CEIP A LOMBA

Imagen
 É un tópico dicir que o Día das Letras Galegas non soamente é o 17 de maio, pero é certo. Debemos celebralo os 365 días do ano. E como?   Pois co único homenaxe posible, falando en galego. Pero nestas datas de maio, tamén non apetece festexalo especialmente, por iso, dende o noso centro, organizamos diferentes actividades para homenaxear a Florencio Delgado e celebrar este gran día :)      O venres 13, no edificio base, celebramos un festival en galego no que non faltaron diferentes actuacións de baile, cancións e recitado de poemas.      O luns 16, acudimos ao auditorio de Vilagarcía a un certame que organizou o concello para homenaxear ao escritor protagonista deste ano. Alí recitamos varias poesías do seu poemario "Galicia infinda" e os máis pequenos bailaron unha muiñeira popular.      O mércores 18, o festival realizouse no Anexo.     O xoves 19, entregáronse os premios do II Certame de fotografía galega (Parabéns de novo aos gañadores 😜)     E rematamos a semana co co

ENTREGA DE PREMIOS DO II CERTAME DE FOTOGRAFÍA GALEGA DO CEIP A LOMBA

Imagen
  Estamos encantados coa participación aínda que este ano fora moi pouca. Pero  xa sabemos o motivo: esquecímonos de avisar nas aulas que o concurso estaba aberto, e moitas veces non se mira a páxina web do centro. O ano que ven, anunciaremos mellor o concurso, aínda que é moi importante que sigades sempre a páxina web do cole por calquera novidade que teñamos que dIcirvos. Aquí van as fotos da entrega de premios. Espero que desfrutedes coas lecturas. De novo, moitas grazas a todos e todas  pola participación e parabéns.

II CERTAME FOTOGRÁFICO DO CEIP A LOMBA: PARTICIPANTES E GAÑADORES

Imagen
  *Debido á baixa participación no certame, todo o alumnado participante recibirá un premio de literatura galega que se entregará o xoves 19 de maio en ambos ccentros.        "Aventureira no camiño" Manuela Maceira Cortiñas 1ºC                                                           " A maxia do Camiño fai que de súpeto, as pedras sexan ondas  e os albergues illas".                                               Vistas de Cortegada  que luce no solpor na Variante Espiritual do Camiño Portugués.                                                                                                                                                               Lorenzo Domínguez Romero 1ºA  "Cortegada, albergue do peregrino que navega pola variante Espiritual do Camiño Portugués"                                                                                                                                                                                       Nicolá

O MAÍÑO MAIO ...

Imagen
    E chegou maio e con él o calorciño, os días máis longos... e os Maios 👏 Nas clases estivemos colaborando co Maio do colexio e fixemos agunhas guirnaldas. Tamén trouxemos moitas flores, fiuncho, ovos, laranxas etc. Aquí vos deixamos unha mostra de como traballamos. Vémonos pronto ❤