Entradas

Mostrando entradas de noviembre, 2021

DE COR CHOCOLATE, ÁBRENSE COA CALOR, E SE AS BOTAS AO LUME, ESTOUPAN DE SABOR

Imagen
        Bo día a toda a comunidade educativa do CEIP A LOMBA ANEXO.         Hoxe traemos unha nova entrada da celebración do magosto no noso centro. Pasámolo xenial. Tiñamos moitísimas ganas de festa, de celebración, de bailar , xogar e cantar... e así sucedeu. 😍 ¿Sabiades que o magosto é unha festa de orixe celta que marcaba o paso do verán ao outono? Era o remate da época na que a vida se fai fora e comezo da época en que a vida se fai no interior a carón do lume.   O magosto tradicional enténdese coma unha merenda, a base de castañas asadas, que se celebra no mes de novembro, entorno a data do San Martiño. Encéndese o lume, ata facer brasas, enriba das que se poñen parrillas ou tambores furados, dándolles voltas cun pau ata que estén ben asadas. Mentres tanto, os demáis participantes da festa , buscaban un sitio axeitado para comelas. A festa non sería tal sen contar cos xogos populares, bailes, cantos e contos.     E así, seguindo a tradición dos nosos antepasados , celebramos

LECTURAS EN GALEGO PARA CELEBRAR O SAMAÍN

Imagen
 BOAS DE NOVO A TOD@S! O PASADO 29 DE NOVEMBRO, CELEBRAMOS NO COLE O SAMAÍN, E ENTRE TODAS AS ACTIVIDADES QUE REALIZAMOS AO LONGO DO DÍA, UNHAS DAS MÁIS DIVERTIDAS E EMOCIONANTES FOI A LECTURA DE CONTOS DE "TERROR" DOS MÁIS MAIORES AOS MÁIS PEQUENOS. ESTIVERON TOD@S FENOMENAL. HOUBO UNHA MOI BOA SELECCIÓN DE CONTOS E OS MAIORES PREPARÁRONO CON MOITO CARIÑO.  OS CONTOS ELIXIDOS FOROS OS SEGUINTES: "CORRE CORRE CABACIÑA" "O NOSO SAMAÍN" "RUFUS: O MORCEGO QUE ADORABA AS CORES" "BROMAS NA ESCURIDADE" ...ENTRE OUTROS. "RUFUS, O MORCEGO QUE ADORABA AS CORES" "O NOSO SAMAÍN" BROMAS NA ESCURIDADE ESPERO QUE VOS GUSTEN! FELIZ SEMANA A TOD@S