II CERTAME DE FOTOGRAFÍA GALEGA DO CEIP A LOMBA

 

II CERTAME DE FOTOGRAFÍA GALEGA DO CEIP A LOMBA (ALUMNADO)

Este ano 2022, a Real Academia Galega dedícalle o Día das Letras Galegas a Florencio Delgado Gurriarán (Vilamartín de Valdeorras, 1903 – Fair Oaks (California)  1987),  que ademais de avogado, tamén foi un poeta galego fundador da revista Vieiros, da fundación do padroado da Cultura Galega en México así como da Irmandade galeguista e o Ateneo de Galicia.

PARTICIPANTES

Pode participar todo o alumando do centro, dende Educación Infantil ata 6º de Primaria.

TEMÁTICA

As imaxes presentadas deben estar situadas en Galicia e ter como obxectivo, destacar as paisaxes, a cultura, gastronomía, historia, arquitectura e costumes do pobo galego, puntuándose positivamente este ano, as relacionadas co camiño de Santiago ( Proxecto Documentado Integrado traballado ao longo de todo este curso no noso centro). Todas elas deberán vir acompañadas dun título en galego que pode ser unha palabra, unha frase ou ter forma de verso. Aínda que Florencio tivo que emigarar  a México como moitos cidadáns galegos, a súa pasión pola cultura e paisaxes galegas, sobretodo do seu Valdeorras natal estiveron sempre presentes na súa vida no estranxeiro.

DURACIÓN E ENVÍO DAS FOTOGRAFÍAS

Pódense enviar as fotografías ata o domingo 15 de maio ás 12:00. As fotografías enviaranse á dirección de correo electrónico seguinte: julia.m.garcia.r1986@gmail.com. Enviarase a fotografía en formato dixital e sen marca de auga, o título, o nome completo do neno ou nena e o curso ao que pertence. As fotografías poderán presentarse en color ou en branco/negro. Serán descartadas todas aquelas fotografías que non presenten un título como indican as bases ou que veñan sen o nome do autor/a. Soamente unha fotografía por alumno/a.

PUBLICACIÓN DAS FOTOGRAFÍAS E PREMIOS

Todas as fotografías publicaranse no blog de Dinamización da Lingua Galega ao cal se poder acceder dende a páxina web do centro. Así mesmo, as 10 fotografía seleccionadas como gañadoras polo xurado proposto, serán impresas e expostas á entrada de ambos centros. Os autores/as destas, recibirán como premio un conto en galego acorde coa idade dos participantes.

Os gañadores serán anunciados o día 16 de maio a partir das 12:00 neste mesmo blog.

 

COMPOSICIÓN DO XURADO

O xurado estará composto por tres membros da Comunidade Educativa:

Pilar Ayaso Paz (Persoal de cociña)

Rosa Davila González (Administrativa)

Mercedes Brun Brea (Persoal de limpeza)

Comentarios

Entradas populares de este blog

XOGA COAS MANCIÑAS

Mariña e Manuel representaron ao CEIP A LOMBA no "Rosalía sempre viva"

ASÍ FESTEXAMOS A SEMANA DAS LETRAS GALEGAS NO CEIP A LOMBA