ENTREGA DE PREMIOS DO II CERTAME DE FOTOGRAFÍA GALEGA DO CEIP A LOMBA

Estamos encantados coa participación aínda que este ano fora moi pouca. Pero xa sabemos o motivo: esquecímonos de avisar nas aulas que o concurso estaba aberto, e moitas veces non se mira a páxina web do centro. O ano que ven, anunciaremos mellor o concurso, aínda que é moi importante que sigades sempre a páxina web do cole por calquera novidade que teñamos que dIcirvos. Aquí van as fotos da entrega de premios. Espero que desfrutedes coas lecturas. De novo, moitas grazas a todos e todas pola participación e noraboa.