ASÍ FESTEXAMOS A SEMANA DAS LETRAS GALEGAS NO CEIP A LOMBA

É un tópico dicir que o Día das Letras Galegas non soamente é o 17 de maio, pero é certo. Debemos celebralo os 365 días do ano. E como? Pois co único homenaxe posible, falando en galego. Pero nestas datas de maio, tamén non apetece festexalo especialmente, por iso, dende o noso centro, organizamos diferentes actividades para homenaxear a Florencio Delgado e celebrar este gran día :) O venres 13, no edificio base, celebramos un festival en galego no que non faltaron diferentes actuacións de baile, cancións e recitado de poemas. O luns 16, acudimos ao auditorio de Vilagarcía a un certame que organizou o concello para homenaxear ao escritor protagonista deste ano. Alí recitamos varias poesías do seu poemario "Galicia infinda" e os máis pequenos bailaron unha muiñeira popular. O mércores 18, o festival realizouse no Anexo. O xoves 19, entregáronse os premios do II Certame de fotografía galega (Parabé...