CHARANGUIÑOS VILAGARCIÁNS

 


Como é sabido, o  entroido é una festa popular previa á   cuaresma  caracterizada pola  retranca ,  alegría e xuntanza. Por todas é coñecido que non hai boa festa sin un bo xantar onde compartir un bo cocido, lacón con grelos, unhas filloas, orellas e outras delicias do entroido.

 Maniféstase de diferentes formas ao longo da nosa terra. Poderiamos diferenciar entre:

 As zonas do rural, onde conservan a súa esencia como os Cigarróns  de Verín, Pantallas en Xinzo de Limia, Peliqueiros en Laza, Os Xenerais do Ulla, As Madamas e Galáns de Cobres…

 As urbanas nas que se festexan bailes de disfraces en sedes culturais e sociais.

As comparsas e charangas son as encargadas de poñer música e baile á festa co seu bo humor e coas súas letras retranqueiras que a modo de crítica contan sucesos acontecidos durante todo o ano. Este ano sen dúbida un dos protagonistas principais había ser o “COViD”

Na nosa vila , son ben coñecidos os concursos de comparsas, o desfile do martes de entroido e o enterro da sardiña  de Carril e Vilaxoán como colofón final ás festas.

Dende o noso cole queremos contribuir humildemente a manter viva a tradición, a pesar das dificultades técnicas que se poidan observar, o traballo foi feito con ilusión e moito agarimo. Agardamos que pasedes un momento agradable vendo a montaxe audiovisual coas vosas pequenas e pequenos.

Preme no enlace para ver o vídeo:

 CHARANGUIÑOS VILAGARCIÁNS

                                        Equipo de Dinamización e Normalización Lingüística

Comentarios

Entradas populares de este blog

XOGA COAS MANCIÑAS

Mariña e Manuel representaron ao CEIP A LOMBA no "Rosalía sempre viva"

RECOPILACIÓN DE REFRÁNS