I CERTAME DE FOTOGRAFÍA GALEGA DO CEIP A LOMBA

 






I CERTAME DE FOTOGRAFÍA GALEGA DO CEIP A LOMBA

Este ano 2021, a Real Academia Galega dedícalle o Día das Letras Galegas a Xela Arias Castaño  (Sarria, 1962 - Vigo, 2003), quen ademais de ser unha das voces máis destacadas da poesía galega contemporánea, tivo tamén unha frutuosa carreira como profesora, editora e tradutora de clásicos.

Despois de analizar a súa obra “Tigres coma cabalos” (1990), onde poesía e fotografía dialogan a través de 48 poemas e outras tantas fotografía , dende o Equipo de Dinamización da Lingua Galega ocorréusenos a idea  de renderlle homenaxe a través dunha actividade na que poderá participar todo o alumnado do centro:  un certame fotográfico. O I certame fotográfico do CEIP A LOMBA. Consistirá nun certame fotográfico onde o tema principal será Galicia.


PARTICIPANTES

Pode participar todo o alumando do centro, dende Educación Infantil ata 6º de Primaria.

TEMÁTICA

As imaxes presentadas deben estar situadas en Galicia e ter como obxectivo, destacar as paisaxes, a cultura, gastronomía, historia, arquitectura e costumes do pobo galego. Todas elas deberán vir acompañadas dun título en galego que pode ser unha palabra, unha frase ou ter forma de verso. O amor a Galicia e ao galego é algo que Xela expresou en moitos dos seus poemas.

DURACIÓN E ENVÍO DAS FOTOGRAFÍAS

Pódense enviar as fotografías ata o domingo, 9 de maio. As fotografías enviaranse á dirección de correo electrónico seguinte: julia.m.garcia.r1986@gmail.com. Enviarase a fotografía en formato dixital e sen marca de auga, o título, o nome completo do neno ou nena e o curso ao que pertence. As fotografías poderán presentar en color ou en branco/negro. Serán descartadas todas aquelas fotografías que non presenten un título como indican as bases ou que veñan sen o nome do autor/a.

PUBLICACIÓN DAS FOTOGRAFÍAS E PREMIOS

Todas as fotografías publicaranse no blog de Dinamización da Lingua Galega ao cal se poder acceder dende a páxina web do centro. Así mesmo, as 10 fotografía seleccionadas como gañadoras polo xurado proposto, serán impresas e expostas á entrada de ambos centros. Os autores/as destas, recibirán como premio un conto en galego acorde coa idade dos participantes.

Os gañadores serán anunciados o día 11 de maio ás 12:00 no mesmo blog.

 

COMPOSICIÓN DO XURADO

O xurado estará composto por tres membros da Comunidade Educativa:

Rubén García Castrelo (Persoal de cociña)

Rosa Davila González (Administrativa)

María Lourdes Cea Ferreirós (Persoal de limpeza)

Comentarios

Entradas populares de este blog

XOGA COAS MANCIÑAS

Mariña e Manuel representaron ao CEIP A LOMBA no "Rosalía sempre viva"

RECOPILACIÓN DE REFRÁNS