XELA ARIAS CASTAÑO 1. INDEPENDÍZATE
1. INDEPENDÍZATE:
O primeiro cartel desta presentación, está baseado en certos poemas do primeiro
libro de Xela “Denuncia do equilibrio”,
así como na súa actitude transgresora de cuestionar a orde das cousas, a orde
que nos da á sociedade na que vivimos, e nós pechamos os ollos e facemos que
non vemos nada e seguimos esa orde sen cuestionala. Algúns teñen que marchar
por pensar diferente e revelarse en contra das normas establecidas.
Ela presenta a fuxida como a única alternativa á
salvación e a representa co cabalo. Temos o fogar como lugar seguro e non
queremos saír de aí… A liberdade no- la quitan cando non nos deixan entrar
noutro país, cando a sociedade non quere que outros entren no noso país, cando
o pobo galego é un pobo emigrante, un pobo que tivo que fuxir para atopar
camiño…
Analizaremos
por iso, ao fotógrafo Manuel Ferrol e a reportaxe que fixo sobre a inmigración
galega nos anos 50. Cos pes lograremos fuxir, iso é un pouco a idea principal
deste cartel sobre a obra de Xela que leva anaquiños de versos dos poemas onde
Xela fala tanto do cabalo como dos pés como símbolos de liberdade e de Galicia,
por iso a través do proxecto de fotografía, fixemos fotos detalle dos pés dos
alumnos para plasmalos dentro da silueta dun cabalo representando desta maneira
a liberación en ambas partes.
Este primeiro cartel está traballado
polos nenos e nenas do terceiro ciclo en conxunto cos nenos de Educación
Infantil e as actividades propostas están destinadas aos nenos e nenas do
último ciclo de Educación primaria.
ACTIVIDADES
DE
INICIACIÓN E MOTIVACIÓN :
Pretendemos cos últimos versos do poema de Xela « Fin » que din así :
« Exiliarse é forxar terra para os ebrios pés que non sosteñen esta
hora de viaxes aniñadas » crear un debate
sobre o exilio (por temas políticos) e a inmigración (por fame). Lanzaremos a
pregunta ¿Debe haber liberdade de mobilidade entre países ? O debate será
moderado por nós e intentaremos que expoñan a súas ideas individuais así como
familiarizalos coas ideas doutros compañeiros.
DE
DESENVOLVEMENTO :
Como primeira actividade veremos o filme « Adú » de Salvador Calvo, película recentemente nomeada a 13 Goyas nesta última edición destes
premios.
Coa
visualización desta película, pretendemos
que os nenos e nenas se dean conta dos riscos de non ter liberdade, de
non movernos para conseguila, de aceptar todo o que nos din e sobre todo que
cos nosos pés temos a oportunidade de fuxir e cambiar o noso destino.
A segunda
actividade “vivamos a revolución”
consistirá en traballo por equipos onde cada equipo deberá crear un manifesto de denuncia. Nese manifesto
narrarán as situacións que cada membro do equipo considere inxustas no mundo de
hoxe en día.
Como terceira proposta de
actividade, crearemos toda a aula unha canle
de Youtube onde cada equipo gravará
o seu manifesto de denuncia crearemos un foro na canle onde invitaremos a
toda a comunidade educativa a participar nela dando a súa opinión sobre os
diferentes manifestos e discutindo as diversas opinións para analizar a fondo
os manifestos, comprendelos e sempre poder melloralos.
Para
organizar a creación da canle de youtube e facer as gravacións, debemos
traballar cooperativamente e farémolo a través da aplicación Trello.
Esta ferramenta dixital permite traballar dunha forma máis organizativa e
cooperativa entre equipos. Ten tres taboleiros onde se escriben as tarefas para
facer, as que están en proceso e as rematadas. É motivadora e permite modificar
os taboleiros a todos os membros do equipo.
A última actividade consistirá en aprender o poema en
linguaxe de signos. A través de distinas páxinas web, o profesorado adaptará o
poema para realizalo con linguaxe de signos, que posteriomente será gravado e
publicado na rede.
DE
CONSOLIDACIÓN:
Primeiramente traballaremos a vida e obra de Manuel Ferrol, fotógrafo
galego nado na Costa de Morte que fixo unha reportaxe sobre a xente que
marchaba de Galicia ás Américas en 1957, non para reencontrase coa súa familia,
se non para atopar o diñeiro que lles faltaba na súa terra.
Para iso faremos un cuestionario coa ferramenta dixital Kahoot.
Esta é unha ferramenta que permite a creación de cuestionarios.
O profesor creará un
concursos na aula para reforzar a aprendizaxe. Os alumnos terán que buscar información na rede sobre respostas a
preguntas sobre a reportaxe fotográfica e a situación como: ¿Quen lle encargou
facer as fotos do embarque de emigrantes galegos?¿Como se chamaba o
transatlántico onde viaxaban a América?¿Onde se publicou a reportaxe por
primeira vez en Galicia? ¿Que cámara utilizou naquela época para realizar a
reportaxe?
A raíz desta última pregunta faremos a seguinte actividade
que será a realización dunha cámara
escura, que consiste nunha caixa de cartón pechada cun orificio por onde
pasa a luz e forma unha imaxe invertida na parede oposta. Ao colocar un papel
sensible a imaxe queda captada e ao revelala obtemos o negativo da imaxe
realizada, é pura maxia fotográfica. Esta cámara é a primeira que existiu e
hoxe en día a sigue utilizando o fotógrafo Iian
Wolff.
Comentarios
Publicar un comentario