XELA ARIAS CASTAÑO 10. CAMELÍZATE

 


Este penúltimo cartel está baseado no poema Camelias para elaspublicado polo Concello de Vigo en 1999, e na súa cidade de residencia ata a súa Morte, Vigo.

 

Este cartel está feito polos nenos e nenas de Educacn Infantil o que resultou moi motivador poder saír ao xardín do centro para ver todas as camelias en


floracn nesta época do ano. As actividades están desenvolvidas para esta etapa.

 

Despois da realizacn de camelias con panos de mesa, decoramos as súas ramas con palabras do poema fáciles de entender para eles coas que traballaremos nas seguintes actividades como : néboas, inverno, mimosas, corTraballamos tamén o retrato a través do proxecto sobre fotografía.

 

ACTIVIDADES:

 

DE INICIACIÓN-MOTIVACIÓN:

 

¿Con que rima? Leremos o poema en voz alta varias veces, e del extraeremos as palabras que máis nos chamen a atención. Seguramente  sairán as citadas anteriormente que puxemos nas ramas: sol, inverno, mimosa falaremos da rima e buscaremos entre todos palabras que rimen con elas.

 

Repartiremos cartolinas e ilustraremos o poema. Conseguiremos traer unha camelia á clase e a través da súa observacn e faremos camelias de papel de seda rosa como as feitas no cartel e construiremos un mural con todas elas escribindo arredor as palabras que recordamos na lectura da poesía.

 

Aproveitaremos se podemos a visita un pazo dos moitísimos que hai nas Rías Baixas e na provincia de Cora para desfrutar dos seus xardíns con camelias. No noso caso, no concello de Vilagarcía temos o pazo de Rubiáns cuns xardín con camelias espectaculares.

 

DE DESENVOLVEMENTO:

 

As actividades de desenvolvemento serán para coñecer a cidade de Vigo. A primeira actividade consisti nun xogo de robótica. Crearemos uns códigos QR aos que os nenos e nenas terán que chegar co robot no taboleiro. Ao chegar ao código QR, ao visualízalo coa tablet aparecerán diferentes esculturas da cidade de Vigo.  Cando as teñamos todas, as visualizaremos no Google Earth .

 

De seguido tocaranos representar esas esculturas. É o momento de sacarnos fotos imitándoas e crear un álbum fotográfico.

 

Cada escultura da cidade de Vigo está nunha rúa diferente as veremos no Google Maps  e anotaremos o nome desas rúas. A través dunha viaxe virtual por Vigo, chegaremos a unha rúa que se chama As camelias na que analizaremos que é o que hai nesa rúa: diferentes comercios, hospitais,


museos e traballaremos o plano indicando os comercios que atopamos nesa mesma rúa.

 

Toca o momento de desenvolver a sesn de fotografía. A través dun Genially moi sinxelo os nenos e nenas aprenderán sobre as flores, plantas e árbores típicas da zona onde residen como é o caso da camelia. Tamén aprenderán sobre as follas perennes e caducas. Sairemos a rúa, ao campo e aos bosques a fotografar esas flores, arbustos, plantas.. que hai na nosa vila.

 

 

 

 

DE CONSOLIDACIÓN:

 

A última actividade consisti na creacn dunhas velas aromáticas de aceite de camelia con ceras de cores. Utilizaremos frascos de vidro reciclados, copos de cera, aceite esencial de camelia, mecha de vela, ceras de cores e saca puntas e un cazo para fundir a cera. Unha actividade que aproveitaremos para regalar ás familias no días das Letras Galegas, xa que non hai flor que represente mellor a Galicia que a camelia.

 

 

 

 

 

 

 

 

Comentarios

Entradas populares de este blog

XOGA COAS MANCIÑAS

Mariña e Manuel representaron ao CEIP A LOMBA no "Rosalía sempre viva"

RECOPILACIÓN DE REFRÁNS