XELA ARIAS CASTAÑO 11. NAMÓRATE

 

Este último cartel, baséase nun dos curtos e sinceros poemas de Xela Arias pertencente ao seu magnífico conxunto de poemas dirixido ao seu fillo « Darío a Diario » publicado en 1996.

    O poema está escrito polos máis pequenos do centro directamente no cartel. Tamén foi unha experiencia moi agradable traballar con este poema xa que foi dos poucos que os rapaces tan pequenos entenderon á perfección sen ter que profundizar moito nos seus versos.Ademais unha mamá dun compañeiro da clase estaba xa embarazada de 6 meses e sempre lles espertou curiosidade o proceso e a barriga, polo tanto, decidimos traballar nesta clase este poema, xa que ela nos viu a resolver tódalas dúbidas que nos foron urxindo.

Este cartel estivo traballado polos nenos e nenas de Educación Infantil e as actividades programadas, a gran maioría, están dirixidas tamén para esta etapa. A través de novo dun pequeno proxecto de fotografía, nos fotografamos uns aos outros, traballando diferentes planos.

 

ACTIVIDADES

DE INICIACIÓN-MOTIVACIÓN :

    Aproveitando a nosos visita semanal á Biblioteca do centro, coñeceremos unha historia marabillosa, O FÍO INVISIBLE. O fío invisible é un conto é un conto creado para dar seguridade á infancia e para que saiban e se dean conta, que hai cousas no mundo. que non se ven nin se tocan , pero si existen. Neste caso imos a traballar en profundidade o AMOR. O amor dunha nai polo seu fillo como o poema de Xela nos indica. Faremos unha lectura en grupo do conto e realizaremos diferentes propostas sobre a lectura do mesmo: 

-Presentación da historia:- a partir dun Código QR que deberemos ler para poder acceder a un vídeo explicativo sobre a temática a tratar. 

-Que sabemos e que queremos saber?: Recollida dos coñecementos previos do alumnado e dos seus intereses e motivacións con respecto ao embarazo. 

-Debate sobre esas cousas que non se ven nin se tocan pero sí existen. Cáles son ?

DE DESENVOLVEMENTO:

- Na pizarra dixital, buscaremos o significado das palabras e emocións expostas no cartel relacionadas co poema de Xela que ademais saíran no debate sobre as cousas que non se tocan como: VIDA, SONS, CORAZÓN, AGARIMOS, COIDAR E CHOROS.

-Unha vez traballado o seu significado. Traballaremos as emocións indicando situacións que nos poden provocar esas emocións distintas. Posteriormente nos fotografaremos actuando e expoñendo esas emocións aos compañeiros. 

- Elaboración de gráficas. Aprenderemos a crear unha gráfica co crecemento do feto ao longo dos nove meses de embarazo. Posteriormente, compararemos as medidas con obxetos reais. 

DE CONSOLIDACIÓN: 

Vídeo educativo: Como produto final, gravarase un vídeo onde expoñan todo o aprendido, e que posteriormente se si compartirá no blog de aula e na web do colexio.

 

Comentarios

Entradas populares de este blog

XOGA COAS MANCIÑAS

Mariña e Manuel representaron ao CEIP A LOMBA no "Rosalía sempre viva"

RECOPILACIÓN DE REFRÁNS