XELA ARIAS CASTAÑO 2. ATÓPATE

 




Este segundo cartel está baseado nun dos cortos e sinceros poemas de Xela pertencente ao seu magnífico libro dirixido ao seu fillo: « Darío a Diario » publicado en 1996.

Este breve poema, está escrito polos máis pequenos no cartel mesmo. Foi unha experiencia moi agradable traballar con este poema xa que foi un dos poucos que os rapaces tan pequenos entenderon á perfección sen ter que profundar moito nos seus versos. 

O poema percorre de formas rápida as diferentes etapas da vida dunha persoa, desde que nace ata que se fai vella pasando pola incrible experiencia de ser mamá. 

Fixemos fincapé nunha etapa da vida antano símbolo de experiencia e sabedoría convertido hoxe nun dos sectores menos amparados da sociedade, a vellez. 

 

Este cartel estivo traballado polos nenos e nenas de Educación Infantil e as actividades programadas, están dirixidas tamén para esta etapa. A través de novo da fotografía, saímos á rúa a facer fotos con plano americano a os poucos transeúntes que neste momento da vida se atreven a saír á rúa. 

 

ACTIVIDADES :

 

DE INICIACIÓN-MOTIVACIÓN :

 

Primeiramente presentaremos o poema nun audio recitado con calma. É importante traballar a escoita neste mundo actual tan visual, e intentaremos  que sexan os mesmos nenos e nenas os que cheguen á conclusión de que do que fala Xela no poema e do ciclo da vida. De que empezamos sendo bebés, nenos, adolescentes, pasamos por mozos ata chegar a vellos. 

Nese mesmo audio se lanzarán preguntas como ¿Cal é a mellor e a peor etapa da vida ? A raíz desa pregunta intentaremos crear un pequeno debate onde os propios nenos dean a súa opinión.

 

DE DESENVOLVEMENTO :

 

A seguinte actividade consistirá na creación dunha árbore xenealóxica das familias dos nenos. Desta forma, involucraremos ás familias na realización das actividades do centro. Buscaremos fotos, facilitaremos a impresión destas na escolar e formaremos unha árbore xenealóxica que pasará polas diferentes etapas do ciclo de vida dunha persoa.

Nesta época tecnolóxica que estamos a vivir, traballaremos a primeira árbore xenealóxica a través dunha ferramenta online que nos permite facer preciosas árbores coas fotos que elixamos. A ferramenta é Canva.

 

A terceira actividade sobre estes versos, consistirá en compartir a lectura dun libro entre os anciáns dunha residencia próxima á escola. O libro elixido é « A avoa adormecida » un fermosos libro para todos os avós e avoas que esquecen e para tódolos nenos e nenas que aman aos seus avós. Os nenos practicarán a lectura do conto e se realizará unha pequena obra teatral sobre este, que será posteriormente representada na residencia de anciáns que anteriormente lerán o libro que se lles facilitará.

 

    Posteriormente poñeremos nomes a eses avós e avoas que están na residencia ¿son galegos ? Pois seguramente moitos si, é por iso que os nenos levarán á residencia un cuestionario para cubrir cos máis vellos. Este cuestionario levará soamente dúas preguntas : ¿Como te chamas ? ¿De onde ves ? Desta forma axudaremos aos máis maiores a exercitar tamén as súas mentes. 

    Coas respostas deses cuestionarios, faremos un dicionario dos nomes galegos. Buscaremos información na rede sobre a procedencia de cada un deles e anotaremos os galegos, buscaremos o seu significado e buscaremos tamén a súa procedencia, buscando en Google Maps os lugares e introducirémonos desta maneira un pouquiño na xeografía galega. 

 

DE CONSOLIDACIÓN :

 

    ¿Que temos en común todas as persoas aínda que esteamos en etapas do ciclo da vida diferentes ? Pois un rostro, unha cara que nos identifica a cada un de nós. Pois tanto en fotografía como en pintura, cando capturamos coa cámara un rostro ou o pintamos respectivamente, estamos a facer un retrato. Por iso imos a traballar cos retratos en óleo do pintor galego J. González Collado. Analizaremos a través da observación da súa obra en que etapa do ciclo vital está cada unha das súas pintura e posteriormente nos poñeremos nós á obra debuxando o retrato de cada un de nós. 

 

    Despois fotografaremos os nosos rostros uns aos outros, ensinando as fotografías que existen sobre o rostro de Xela Arias, e coa ferramenta dixital MomentCam traballaremos a caricaturización da foto de Xela e a de todos nós facendo un gran mural que colocaremos no noso centro. ¿Quen nos coñecerá ?

 

 

Comentarios

Entradas populares de este blog

XOGA COAS MANCIÑAS

ASÍ FESTEXAMOS A SEMANA DAS LETRAS GALEGAS NO CEIP A LOMBA

Mariña e Manuel representaron ao CEIP A LOMBA no "Rosalía sempre viva"