XELA ARIAS CASTAÑO 3. QUÉRETE
Para a elaboración deste cartel, inspirámonos en dous poemas diferentes. Por unha banda, no poema titulado “Instantánea da túa visión” do libro “Darío a diario” no cal se fai unha similitude entre a relación entre o pai e o seu fillo, coa relación existente entre a Terra e o sol. Gracias a este poema ocorréusenos a idea de plasmar un globo terráqueo pousado nunha superficie amarela que simula os raios do sol. Tamén se pode ver unha fotografía dun pai que arroupa a un neno/a no seu colo “Arróupote arrequecido no meu colo”.
Por outra banda, tamén nos inspiramos no poema que leva por título “Son a noite e as sombras”. No cartel pódese ver a referencia a este poema neses continentes escuros, de cor negra, que serán iluminados gracias á enerxía eléctrica.
Este cartel foi elaborado polas alumnas e alumnos de 6º curso e as actividades están desenvolvidas para realizar no terceiro ciclo.
ACTIVIDADES:
DE
INICIACIÓN-MOTIVACIÓN:
A partir da lectura en voz alta do primeiro poema “Instantánea da túa visión”, os nenos e nenas chegarán á conclusión de que fala do pai de Darío, fillo de Xela. A primeira actividade consistirá en, a partir deste pequeno poema, facer un historia que o xustifique. Tódalas historias terán como protagonistas aos seus pais, é por iso que os invitaremos ao centro para un taller poético fotográfico.
Sempre era a nai a que nos leva ao médico, a que nos prepara a merenda, a que nos arroupa cando estamos mal… pero pouco a pouco evolucionamos e xa son tanto pais como nais os que se encargan a medias tanto da vida diaria
do fillo como das súas emocións. É por iso que imos a convidar aos nosos pais ao centro para facer un taller de poesía- fotografía . Cada neno e pai,
fotografará a outro diferente e faranlle un cuestionario sobre emocións
previamente traballado.
Que sente o pai polo fillo e viceversa, esa será a
pregunta principal. Teremos como produto final unha historia sobre os nosos pais, unha fotografía e dúas emocións que as converteremos en poesía utilizando a metáfora previamente traballada na aula. Esta tarefa se realizará na aula entre pai e fillo. Os nenos que os pais non podían asistir, axudarán a outros e poderán facela na casa. Faremos cos produtos finais un álbum dixital mediante unha montaxe de vídeo.
DE DESENVOLVEMENTO:
“Un mundo con xogos é un mundo con máis luz”: cando xogamos, tanto nenos e nenas como adultos desfrutamos, “a nosa cara se ilumina” e podemos vivenzar novas situacións, que noutros contextos non poderiamos experimentar. O xogo é unha actividade pracenteira que activa o noso corpo ea nosa imaxinación.
A actividade consistirá en coñecer e practicar distintos xogos e danzas que practicaban os nosos pais cando tiñan a nosa idade. Traeremos información da casa sobre estes xogos e danzas e faremos unha exposición individual do que trouxo cada neno/a. Entre todos buscaremos información sobre eses xogos e danzas e faremos un pequeno proxecto para poder ensinarllos ao alumnado de todo o centro. Haberá un equipo de xogos e outro de danzas que terán que traballar entre eles para poder retransmitilos desde Educación Infantil ata os máis maiores. Gracias ao movemento e ao ritmo, o centro converterase nun lugar cheo de luces e cores, ao igual que acontece no mundo coa enerxía que se xera.
No segundo poema de Xela no que nos inspiramos titúlase “Son a noite” e fala de que a noite e as estrelas son garantía eléctrica. E iso certo? Nos chega a electricidade e a luz que nos aportan as estrelas e da lúa? Non, por iso inventouse a electricidade. Debateremos estas ideas e chegaremos á pregunta final ¿Como funciona a electricidade?
A próxima actividade consistirá na creación do noso primeiro circuíto eléctrico.
Un circuíto eléctrico está formado por un conxunto de elementos que están conectados entre si e iso fai que a corrente eléctrica pase por eles. Os elementos empregados para a creación deste circuíto co alumnado serán: unha pila, que xera a corrente eléctrica; cables metálicos “crocodilo” polos que pasa a corrente eléctrica (un ten carga + e outro ten carga -); un interruptor que permite abrir e pechar a corrente eléctrica e unha ou varias lámpadas led
que son as receptoras da corrente eléctrica, que transforman a corrente en luz. Realizarase unha actividade de investigación e práctica de distintos circuítos eléctricos iguais ao que está montado no globo terráqueo do cartel ao que estamos a facer referencia. Traballaremos con esta idea, e mediante a
indagación e a experimentación, o alumnado traballará distintos contidos relacionados cos tipos de enerxía: estática, dinámica e electromagnética; así como das distintas enerxías renovables: eólica, solar, maremotriz, hidroeléctrica e xeotérmica.
DE CONSOLIDACIÓN:
É moi importante que o noso alumando comprenda a importancia do aforro enerxético . É moi importante concienciar aos nenos o antes posible nunhas prácticas que poidan establecer na súa forma de entender o mundo nun consumo responsable e eficiente dos recursos e a súa economía, por iso imos a facer unha búsqueda na rede de maneiras para aforrar enerxía e
faremos un listado para logo levalas á práctica como pequeno consumidor, pero o imos facer diferente.
Si, seguiremos utilizando o buscador de Google , pero non ao que estamos
acostumados a utilizar, si non que utilizaremos a páxina http://www.negrooogle.es/. Esta páxina a creou Google, e é o mesmo buscador pero cun fondo negro. Si todo o mundo utilizara a páxina inicial de Google con fonde negro en lugar de branco, considerando aos máis de 200 millóns de visitas que recibe diariamente, o aforro de enerxía a nivel mundial sería importantísimo. Un Google negro permitiría un aforro diario de 3 millóns de kilowatts, que traducidos a diñeiro
representarían uns 73000 euros anuais.
Unha vez analizados todos estes aspectos, toca publicalos facendo carteis, por suposto en galego para anunciar todas as medidas atopadas e tamén a utilización deste buscado.
Comentarios
Publicar un comentario