XELA ARIAS CASTAÑO 4. COMUNÍCATE
Este cuarto cartel está baseado sobre todo nas emocións que sentía Xela cara a súa terra galega neses anos 80 onde se publica o seu primeiro libro “Denuncia do equilibrio”. Sensacións e emocións representadas nos dous pequenos anacos do poema “Apátridas” , nas partituras de fondo do himno
galego e nas fotografías que os nenos se fixeron imitando as diferentes emocións que sentía Xela cando se falaba de Galicia: tristeza, orgullo, agarimo, benquerenza, paixón, maternidade, soidade, saudade…
Este cartel está traballado polos nenos e nenas do 1º ciclo de primaria e as actividades están desenvolvidas para eles.
ACTIVIDADES:
DE
INICIACIÓN-MOTIVACIÓN:
Xela adoraba a música, seguramente escoitara máis dunha vez ao grupo “Siniestro total” un grupo de rock galego que comezou a súa carreira nos anos 80. É raro si a un galego non lle soa una canción que fala da súa famosa morriña e a converte nunha descrición do sentimento que Xela experimentaba sobre Galicia. Trátase de “Miña terra galega”.
Como primeira actividade desta sección escoitaremos a canción e debateremos sobre as emocións que nos inspira a canción e os versos de Xela cara a nosa terra e o noso idioma. Alegría ou tristeza? Por un lado está a sensación de “morriña”, de cariño… e por outro lado a sensación de tristeza por non falar a xente o seu idioma. Meteremos de por medio a idea de que Xela dicía que Galicia aínda non aceptaba o seu propio idioma.
DE DESENVOLVEMENTO:
Como primeira actividade deste bloque, continuaremos coa canción de “Siniestro Total”. Escribiremos a letra da primeira estrofa e a copla en forma de redacción utilizando todos os signos ortográficos que necesite. Un compañeiro deberá corrixir a redacción doutro.
Agora toca documentar fotograficamente os sentimentos dos que falamos no debate anterior. Os sentimentos de morriña, de ledicia…e tamén os de tristeza, soidade… E o faremos cos ollos. Parte do corpo á que Xela menciona continuamente nos seus versos e hoxe en día tan expresiva á falta de poder vernos as bocas. Faremos un libro fotográfico onde a cada foto que fagamos da emoción dun compañeiro, teremos que facer un poema de dous,tres e catro versos sobre a emoción que transmite na foto outro compañeiro diferente a nós. ¿Como se chaman estes poemas de dous, tres e catro versos? Teñen nomes? O investigaremos.
CONSOLIDACIÓN:
A actividade será en gran grupo e de traballo cooperativo. Faremos unha coreografía para a canción “Miña terra galega “. Dramatizaremos á canción coa expresión corporal. Pero a actividade non soamente consistirá niso, senón que deberemos caracterizarnos como naquela época. Involucraremos ás familias pedíndolles roupa e fotos daquela época para facelo o mellor posible. Dentro do gran grupo, haberá pequenos que se encargarán de diferentes aspectos como: vestiario, maquillaxe..todo en orde para crear un “vídeo clip” en toda regra que gravaremos e montaremos con “Windows Movie Maker” utilizando o “chroma” para os fondo que necesitemos. O vídeo o divulgaremos posteriormente.

Comentarios
Publicar un comentario