XELA ARIAS CASTAÑO 5. ATÉNDETE

 


Este  cartel  está  baseado  en  dous  poemas  de Intempériome o cuarto  libro  de  Xela  publicado  en  2003.  No poema Borracho, do que


tomamos como punto de partida a frase Na enfermidade tan gastada das urxencias... e no poema E así que se me din que aguarda na que Xela fala do Sida. Coa eleccn destes poemas queremos destacar a gran contribucn que fixo a autora á renovacn da poesía galega.

O SIDA e as URXENCIAS son uns dos temas que trata cun estilo

moi persoal e innovador. Utilizamos no cartel vocabulario presente nos poemas, pero tamén vocabulario que lle resulta familiar aos nenos e nenas debido á pandemia actual que estamos á vivir.

Moitos  dos  poemas de Xela recordan ao surrealismo .por iso utilizaremos a técnica do Cadáver exquisito para a creacn de novos poemas.

         Esta  cartel  estivo  traballado  polo  alumnado  do  terceiro  ciclo  e  as actividades están programadas para este mesmo.

 

 ACTIVIDADES:

 

 DE INICIACIÓN-MOTIVACIÓN:

     A actividade de motivacn vai ser de novo un debate, pero esta vez sediferente. Dividiremos á clase en dous grupos e a cada grupo lle obrigaremos” a defender unha postura diferente. Un grupo defende o goce da vida aínda que te poidas contaxiar e o segundo defende que as persoas deben ser xuíces dos seus actos e tomar as medidas para non arrepentirse deles.

 

DE DESENVOLVEMENTO:

 

         Somos poetas. Faremos  un poema utilizando a técnica O cadáver exquisito do surrealismo como fai Xela nalgún dos seus poemas.

    Cada fila de alumnos/as ten que facer un poema. O primeiro/a alumno/a de cada fila escribe un verso que comeza pola palabra urxencias. A última palabra do verso é o comezo do verso do novo/a alumno/a. Facemos un poema con todos os versos do alumnado da fila.

Lemos  cada  poema(cada  alumno/a  lee  a  súa  frase)  mostrando despreocupacn  pola  coherencia  final  da  obra  propia  do  surrealismo. Despois, cada alumno/a fai un debuxo do poema do seu equipo. Finalizaremos  coa creacn dun libro dixital cos poemas e cos debuxos dos/as nenos/os e publicarémolo na rede.

Despois do debuxo, traballaremos coa  fotografía.  Cada  alumno debe facer unha montaxe fotográfica do que lle suxire o poema de outro equipo ao   igual que fixeron Xela e Xulio.

A seguinte actividade é un xogo de representacn de roles. Imos a

crear unha consulta médica dentro dun hospital.


Anteriormente traballaremos na aula enfermidades contaxiosas ou non, máis habituais. Síntomas, medicacións, coidados Posteriormente, lle asignaremos a cada neno un rol nunha consulta médica, desde a recepcionista ata o médico pasando polo persoal de limpeza e desinfección. Os nenos cambiarán de rol na visita de cada paciente. Lle pediremos aos pais e nais que veñan a visitarnos con algunha enfermidade das anteriormente traballadas. Deberán marchar cunha receita e cuns coidados sicos necesarios para curarse.

 

DE CONSOLIDACIÓN:

 

    Xa todos sabemos que estar sans implica uns hábitos de vida saudables e entre eles nos atopamos coa nutricn e o ben comer, é por iso que remataremos este cartel cun taller de coca de receitas saudables galegas.

 

    O menú xa está decidido: de primeiro empanada de parrochiñas (sardiniñas pequenas) típica da provincia de Lugo(lugar de nacemento da autora) e filloas de sobremesa. Pero a tarefa consisti tamén en buscar as receitas cos ingredientes, ir a mercalos ao súper e buscar as ferramentas para cociñalos e tamén ¿convidaremos a alguén máis ao festín?

 

 

 

 

Comentarios

Entradas populares de este blog

XOGA COAS MANCIÑAS

ASÍ FESTEXAMOS A SEMANA DAS LETRAS GALEGAS NO CEIP A LOMBA

Mariña e Manuel representaron ao CEIP A LOMBA no "Rosalía sempre viva"