XELA ARIAS CASTAÑO 6. FEMINÍZATE
Este sexto cartel sobre a escritora, está baseado na loita de Xela por recuperar unha óptica feminina para a poesía.
A bruxa de fondo, representa a esa bruxa que Xela utilizou como protagonista dun dos seus primeiros contos escritos na súa infancia.
Este cartel está feito polos nenos e nenas de Educación Infantil e as actividades están dirixidas ao alumnado de segundo e terceiro ciclo.
ACTIVIDADES:
DE
INICIACIÓN-MOTIVACIÓN:
O debate como primeira actividade en tódolos carteis parécenos fundamental. Xela tiña unha actitude de protesta en tódolos seus poemas. Por iso debateremos a frase que aparece no cartel por un lado: lanzaremos a pregunta ¿Para que teñen rosas non beizos e por que? A moderación no alumnado de Educación Primaria nun principio a fará o mestre si se debate na aula á miúdo pódese ir cambiado o moderador polo alumnado. Chegada a unha conclusión onde cada un de a súa opinión e respecte a dos seus
compañeiros, lanzaremos a segunda: ¿Quen as inutiliza?
ACTIVIDADES DE DESENVOLVEMENT O:
Como primeira actividade desta sección, a través dun traballo cooperativo, faremos unha tarefa de investigación sobre as manifestacións feministas máis famosas e os carteis máis reivindicativos que nelas se viron. Fará falta facer equipos e dividir as tarefas, farémolo de novo coa
aplicación Trello que nos permite xestionar as tarefas por facer, en proceso e finalizadas a través dos membros dun mesmo equipo.
A maioría dos carteis anteriormente buscados, están escritos en inglés, por iso empezaremos a traballar co alumnado co tradutor Opentrad, creado por un equipo de estudantes da Universidade de Vigo.
Coa tradución dos carteis ao galego, cada equipo deberá facer poesía. Como a poesía é sentimento, analizaremos qué nos inspira o que di cada cartel e construiremos un poema coas diferentes características da escrita dun poema: rima, métrica e número de versos. Propoñerase a cada equipo unas
características para que as cumpran.
Chega o momento de recitar as poesías escritas, e para iso gravaremos Podscast cunha simple gravadora e os subiremos á rede á paxina web do centro para poder compartilos con toda a comunidade educativa.
Toca comparar. Presentaremos a grandes poetas galegas que utilizaron
o
verso como arma: Rosalía de Castro, María Victoria Moreno e María Mariño, Presentaremos os seus poemas e os compararemos cos nosos. ¿Cáles son as
diferencias? ¿Todas falan de liberdade como muller? ¿Os nosos tamén?¿Están os nosos cheos de sentimentos como os delas?
Toca o momento da representación con cambio de roles. Presentaremos anuncios publicitarios onde a muller e o home respectivamente sempre foron os protagonistas. Cambiaremos as tronas. As mulleres representarán os anuncios onde saían homes e ao revés. O gravaremos cun simple gravador de vídeo dun móbil ou tablet e o montaremos cunha tea verde (chroma) e coa aplicación gratuíta Shotcut. Para as imaxes de fondo, utilizaremos as imaxes dos anuncios que presentamos ao inicio da actividade.
As bruxas agarimosas”. Esta actividade comezará coas bruxas. Xa desde pequena, Xela tiña certa devoción polas bruxas, de feito, un dos seus primeiros contos, fala dunha bruxa que axuda a escapar a un grupo de mulleres gracias aos seus dedos máxicos. Pero por que sempre as bruxas son malas? Primeiramente mediante unha chuvia de ideas , iremos nomeando contos populares onde a mala sempre é unha bruxa, e casualmente sempre é unha muller. Pois imos a cambiar a historia dos contos. Tócanos agora redactar un conto infantil para lerlles posteriormente aos nosos compañeiros máis pequenos do centro onde haxa bruxas, pero bruxas máxicas, agarimosas, tenras…
Gravaremos os contos con calquera gravadora de audio dunha tablet ou incluso dun móbil e publicaremos un audio libro de relatos cortos na páxina web do centro. Se temos radio escolar é momento de utilizala para poder cambiar a imaxe que teñen os máis pequenos de esa bruxa mala por unha máxica.
DE CONSOLIDACIÓN :
A economía e o sector empresarial sigue sendo un mundo de homes. Cada vez é máis fácil atopar novas empresas creadas e dirixidas por mulleres, pero aínda así é unha tarefa difícil.
Falaremos de empresas como Bimba y Lola, Zeltia.. empresas galegas fundadas
por mulleres e a tarefa consistirá na creación dunha pequena empresa.
Como nós xa vivimos nun mundo máis igualitario xa non é tan difícil que as mulleres creen empresas, por iso imos a aprender a xestionar o noso diñeiro, imos a aprender a falar de aforro, de inversión, das relacións bancarias, dos distintos medios de pago… temas bastante esquecidos na Educación Primaria. Primeiramente imos a traballar os conceptos anteriormente descritos coa ferramenta dixital gratuíta Money Town de Bankinter que nos ensinará tamén a administrar o noso diñeiro e formas de gañar máis como por exemplo pasearlle os cans ao veciño e pedirlles un euros c por paseo.
Cando xa saibamos un pouquiño máis de contas será o momento de crear a nova empresa. ¿De que vai ser? ¿como se chamará? Crearemos o logo e lle ponderemos un valor. ¿Cal será a máis orixinal?

Comentarios
Publicar un comentario