XELA ARIAS CASTAÑO 7. TRADÚCETE
Este cartel está baseado nun campo no que Xela destacou logrando varios premios como o “Ramón Cabanillas” o ou o da “Sociedade de Lingoa Portuguesa”, a tradución no que o seu pai, Valentino, presidente da Asociación Galega de Tradutores Galegos, exerceu unha influencia decisiva na súa filla.
Escollemos unha serie de obras literarias traducidas por ela como “Drácula”, “Camiñando sobre augas”, “Don Quixote da Mancha” e algunha outra máis que a través dun proxecto de fotografía, montamos as portadas coas fotografías dos mesmos nenos e nenas imitando aos protagonistas, que como se pode observar é a base do cartel. Tamén aparecen varias frases escritas por ela sobre a lingua galega, unha lingua tan querida e apreciada por ela que segundo as súas palabras “a xente non a valora como tal”.
Este cartel está feito polos nenos e nenas do segundo ciclo e as actividades están desenvolvidas para este ciclo.
ACTIVIDADES:
DE
INICIACIÓN E MOTIVACIÓN:
A través dunha chuvia de ideas sobre editoriais coñecidas por eles tanto castelás, como galegas ou de calquera outro idioma, chegaremos a un montón de nomes que ampliaremos investigado na nosa biblioteca do centro, onde sairán máis.
Buscaremos as galegas e as que estaban en activo entre o 1980 e 1990 e apuntaremos os nomes. Falaremos de que Xela involucrouse na fundación de Editorial Xerais e o seu pai foi xerente da Editorial Galaxia, para que eles sexan conscientes da importancia de Xela e a súa familia na historia da tradución ao galego.
DE DESENVOLVEMENTO:
É o momento da sesión fotográfica na representación de portadas, pero necesitamos un traballo previo. Buscaremos os libros mais relevantes traducidos por Xela (que están xa plasmados no cartel) e leremos os seus argumentos. Formaremos grupos e cada un escollerá o que máis lle impresionara, buscarán a súa portada, a debuxarán e a representarán. Buscarán na casa os materias necesarios para representalas e sairemos ao exterior a sacar as fotos. Todo este proceso ten un traballo de grupo previo.
¿Quen vai sacar a foto? ¿Quen vai a saír na foto?¿quen se vai a encargar do escenario?
Como xa temos todo o necesario para a representación, imos a facer pequenos “Sketchs” con pequenas escenas da obra. Cada equipo xa ten a súa obra favorita, buscaremos momentos da obra que sexan fáciles de representar faremos os diálogos e os representaremos. Utilizaremos o “chroma” para coller os escenarios que non atopemos.
Creación de novos finais. Xa sabemos como termina a historias pero… e se buscamos outro fin? Cada equipo redactará un final diferente para a súa obra favorita.
Mercaremos para os nenos a adaptación “Drácula”: “Drácula: Clásicos para
nenos”, e o entregaremos como premio de remate dun “Breakout” que faremos na biblioteca do centro. A través de diferentes pistas sobre libros que existan na biblioteca, o equipo que antes as supere chegará a unha caixa onde aparecerá esta edición de “Drácula” para nenos.
A poesía era o xénero favorito de Xela, así o describe nunha das súas frases plasmadas no cartel. E a verdade é que nos centros non traballamos especialmente a poesía, é por iso que como última actividade deste bloque propoñemos un club de lectura de poesía no mes de maio. Os nenos e nenas poderán asistir á biblioteca do centro a ler poesía e falar sobre os seus autores e autoras así como debater sobre os sentimentos tan grades que esta expresa.
DE CONSOLIDACIÓN:
Crearemos unha editorial. Xa sabemos que é unha editorial. Pero seríamos capaces de crear unha? En grupos de 5 responderemos ás seguintes preguntas:
-¿Para que público serían os libros que publicaramos?
-¿En que país ou países venderíamos os libros?
-¿Que xéneros serían os que publicarías?
-¿En que idiomas publicarías?
-¿En que se diferencia a túa editorial?
Soamente falta un nome e un logo. Investigarémolo, debuxarémolo e xa podemos empezar a crear a nosa editorial.

Comentarios
Publicar un comentario