XELA ARIAS CASTAÑO 8. SUMÉRXETE

 


Este cartel está baseado en dúas publicacións de Xela da etapa de cando traballou coma profesora en varios institutos da nosa comunidade. Os dous poemas foron promovidos a raíz do afundimento do Prestige no ano 2002: Dignidade e Never More. Estes escritos, recóllense na poesía dispersa do libro “Poesía reunida ( 1982-2004) de Xela Arias”. A autora deixa á intemperie a súa alma nestes escritos e invita ao lector a reflexionar sobre a resignacn da humanidade ante as catástrofes medioambientais.

Nos  poemas  invita  ao  interlocutor  a  que  loite  ante  as  inxustizas,  ante  a


destrucn da  natureza e ante os problemas de contaminacn ocasionados co desastre do Prestige.

 

 

O cartel estivo traballado polos  alumnos  de 2º e 3º ciclo de primaria e as actividades propostas están enfocadas a desenvolverse neste mesmo ciclo.

 

 

ACTIVIDADES

 

 

DE INCIACIÓN-MOTIVACIÓN:

 

 

A través da exploracn do cartel e a lectura persoal dos poemas, chegaremos á idea dunha marea negra. Moitos dos nenos e nenas non saberán nada do Prestige, é por iso que realizaremos una “Yincana en gran grupo onde a través de preguntas sobre o significado de diferentes palabras dos poemas presentes nos carteis como: INFLIXIR, LABAZADA, RUMOROSOS, COLLEITA E MISERIA recibirán pistas sobre o escondinte dos

anaquiños de fotos. Cando os atopen todos, se encontrarán cunha fotografía de Xurxo Lobato, o Fundimento do Prestige, a súa fotografía máis famosa. Traballaremos sobre a foto observándoa. Que aparece na foto? ¿dende onde está sacada? Presentaremos a Xurxo Lobato e analizaremos a súa obra fotográfica sobre o Prestige.  Explicaremos por que Xela escribiu sobre este tema para que se dean conta da importancia e das consecuencias que tivo

esta marea negra que chegou a Galicia.

Agora nos toca a s facer unha reportaxe fotográfica como a de Xurxo sobre o Prestige. Sairemos ás praias ou parques se non son centros escolares de costa a recoller a vasoira e realizaremos una reportaxe fotográfica de toda a vasoira que atopemos e de todos s recolléndoa e clasificándoa no vertedoiro correspondente.

Faremos unha exposicn da reportaxe no centro escolar e invitaremos ás familias e a toda comunidade educativa para vela.

 

 

DE DESENVOLVEMENTO:

 

 

A ferramenta didáctica que propoñemos para realizar a seguinte tarefa é A Paisaxe de Aprendizaxe”. As actividades fanse en grupo a través da gamificacn; técnica coa que as aprendizaxes utilizan a mecánica dos xogos. O alumnado ten que conseguir a máxima puntuacn posible.

O alumando esta dispostos en pequenos grupos. Cada grupo te polo menos un ordenador ou tablet, material como lapis e cores, instrumentos musicais e fotografías dadas polo mestre/a.

A través  da plataforma GenialLy propóñense 8 actividades. ( As actividades

tamén poden estar escritas nun folio). Cada actividade que realice o grupo suma unha puntuacn pero non todas  as  actividades  suman o mesmo. O


mestre/a pódelle preguntar a resposta a calquera membro do grupo. Os nenos/as terán coñecemento instantáneo  das  puntuacn  que  van alcanzando con cada actividade realizada.

Con cada actividade combínase unha intelixencia múltiple cun nivel cognitivo da Taxonomía de Bloom, o que fai que sempre vai a haber unha actividade que se lle de mellor a uns/unhas alumnos/as que a outros e todos poidan aportar algo ao grupo.

Actividade  1  (  2  puntos):  Crea un Slogan publicitario co que

fomentes   a    reflexn   ante    a  contaminacn   ou    os    desastres ecolóxicos. Non vale NUNCA MÁIS.

Actividade 2( 3 puntos): Analiza e resolve. Inventar un enunciado dun problema que se poida responder coa resposta 41 anos( anos que viviu Xela Arias)

 

Actividade 3(1 punto): Recoñece entre as fotografías dadas unha cidade dos anos 80.

Actividade 4( 4 puntos): Dramatiza co teu corpo, en grupo, diferentes

emocións que respondan ás palabras vida, morte,medo e alegría. Actividade 5 ( 3 puntos): Reproduce con prosodia rítmica 2 versos de Xela Arias. Podes acompañarte dun instrumento musical.

Actividade 6( 2 puntos): Poñerse en fila e pasar do primeiro ao último os catro obxectos dos anos 80 (Un reloxo Casio, un bote de mercromina, un cassete, e unha miniatura dunha cabina telefónica). O último deposita o  obxecto na  cesta. Débese evitar perder o control e respectar o traballo en equipo. Actividade 7( 1puntos): Elixe as actividades que fomentan un consumo responsable das propostas dadas.

Actividade 8( 3 puntos): Explica os impactos do fueil no medio ambiente e na saúde, despois de ver o vídeo de 20segundos proposto.

Máis actividades para aPaisaxe de Aprendizaxe:

Lingüística:

Ordena as frases que son os títulos dalgúns poemas de Xela Arias.

Matemáticas:

Inventa un problema que conta na súa pregunta a frase desastre ecolóxico.

 

Se o buque “O Prestige ta capacidade de carga de 81.600 toneladas e transportaba 76.900 toneladas. ¿Cantas toneladas lle faltaban para ter a carga completa?

Elimina  a  informacn  innecesaria  dun  problema  para facer unha resolucn rápida.

Se Xela Arias  naceu no ano 1962 en Sarria e morreu no ano 2003 en Vigo. Cantos anos viviu?

Visual  espacial: Descubre no debuxo a cara de Xela Arias. Debuxa un coche

dos anos 80.


Analiza a fotografía dos  anos  80 e describe en dúas frases o que máis che chama a atención.

Cinético corporal: Fai unha coreografía simple dunha música galega dos anos 80.

Musical: Busca rede e responde a seguinte pregunta. Cal foi o grupo musical que fixo cancións cospoemas de Xela?

Interpersoal: Repite co teu grupo unha accn ou unha frase que represente a vida dos anos 80.

Agrupa as accn positivas e as negativas das representadas nas iconas.

Separa  cun  círculo  as  propostas  negativas  que  favorecen  a  contaminacn medioambiental.

Explica o impacto da marea negra sobre os ecosistemas mariños despois de ver un vídeo de 20segundos.

Clasifica os envases nos seus colectores.

 

 

DE CONSOLIDACIÓN:

 

A través dunha chuvia de ideas, terán que dar nomes de asociacións dedicadas ao coidado e preservacn do medio ambiente. Seguramente salgan nomes como Greenpeace pero gustaríanos que chegaran as ONGs galegas como por exemplo Ádega, que é a que imos a traballar. A mencionaremos se fose necesario. Toca o momento de investigar sobre esta asociación. Se reparti a aula en grupos pequenos e cada un te que buscar informacn sobre as catro seguintes preguntas: ¿Cal é o logo desta asociación? ¿Quen e como se fundou?¿cales son os seus obxectivos?¿en que están a traballar neste momento? O primeiro equipo que consiga responder a estar catro preguntas, se o encargado de poñerse en contacto coa asociacn para programar una charla no noso centro.

Comentarios

Entradas populares de este blog

XOGA COAS MANCIÑAS

Mariña e Manuel representaron ao CEIP A LOMBA no "Rosalía sempre viva"

RECOPILACIÓN DE REFRÁNS