XELA ARIAS CASTAÑO. LETRAS GALEGAS 2021

    

    


    Este ano 2021, o día das Letras Galegas adícaselle à escritora e profesora Xela Arias Castaño. 

    O centro, a raíz dun concurso convocado pola SPLX,  decidiu coñecela maís e analizar a súa obra.

Despois dunha primeira ollada, saltounos curiosidade por saber máis sobre “Tigres e Cabalos” e sobre esa tarefa de fotografar e escribir o que un sentía sobre o traballo do outro. Pareceunos fascinante, por iso sabiamos dende un principio que a base de todos os carteis ía ser a fotografía, a de emocións, fotografía de sentimentos, de partes do corpo, de natureza, de libros, de versos… dos nosos e dos nosos compañeiros. 

 É por iso que decidimos traballar á par do taller de poesía de Xela, un pequeno proxecto sobre a fotografía co alumnado de todo o centro. Un taller sobre o que nos inspiraban os distintos poemas de Xela e do que nos inspiraba todo o que estaba ao noso arredor. Saímos á rúa e nos fotografamos a nós e todo o que vaiamos que nos inspiraba certas emocións. De esta actividade resultou a parte máis considerable de tódolos carteis, a fotografía. 

Fixemos fincapé no seu libro “Darío a diario”, quizás o máis fácil de entender para os máis pequenos, pero tamén fixemos un repaso sobre a súa vida en xeral. Dende a súa etapa como tradutora, a través da caracterización das portadas de moitas das obras que ela traduciu, pasando por actividades coa música dos anos 80 e o grupo “Siniestro Total”. Traballamos a súa faceta como defensora da muller e non só nas referencias poéticas , se non que tamén analizamos moitas das frases que dixo ela nalgunhas entrevistas; que son fantásticas, transgresoras, inigualables. 

Traballamos sobre os poemas que escribiu durante a súa etapa como profesora de lingua galega e literatura sobre a marea negra do Prestige e sobre todo traballamos con Galicia e coa lingua galega, unha lingua que ela consideraba que o pobo galego aínda non a aceptaba. Por que? Lle preguntaremos ao noso alumnado. 

A través das actividades presentadas nas diferentes entradas do blog sobre cada cartel,pretendemos que o noso alumnado coñeza a vida e obra desta poeta que loitou por darlle unha óptica feminina á poesía e que viu para aportar grandes cambios á poesía galega contemporánea. Farémolo dunha maneira interdisciplinaria mesturando contidos de todas as áreas. 


A continuación déixovos unha pequena biografía que fixemos sobre a homenaxeada:

 

Xela Arias Castaño foi unha das voces máis destacadas da poesía galega contemporánea renovando a poesía nos anos 80 en temas, estilo e forma.  Naceu el Lugo en 1962, pero pouco despois se trasladou a Vigo coa súa familia onde se desenvolverá toda a súa vida. 

O seu pai, Valentino Arias López foi presidente da asociación de Tradutores Galegos, exercendo unha gran influencia nela. 

Dende a súa xuventude, Xela da recitais poéticos e a partir de 1980 os seus poemas aparecen en diferentes publicacións : A Nosa Terra. Diario 16 de

Galicia, Festa da palabra silenciada…

En 1980 se involucro na fundación de Edicións Xerais de Galicia onde desempeñou función de tradutora; campo no que destacou. 

En 1986 publicou o seu primeiro libro “Denuncia do equilibrio” e en 1990 o segundo, “Tigres coma cabalos” confirmando nesta obra o rupturismo coa poesía que se facía ata entón en Galicia. 

A súa experiencia materna queda reflexada en “Darío a diario” publicada en 1996.

O seu último libro “Intempériome” en 2003, meses antes da súa norte, que a sorprende dúas semanas antes da súa presentación. 

A protagonista das Letras Galegas deste ano, concibía a poesía como un xeito de indagar e cuestionar a orde das cousas, de describir o que se aprende a ocultar. 

Non debemos rematar esta pequena biografía sen destacar a súa labor como docente en varios institutos da nosa Comunidade como profesora de Lingua e literatura Galega. 

 

 










 

Comentarios

Entradas populares de este blog

XOGA COAS MANCIÑAS

Mariña e Manuel representaron ao CEIP A LOMBA no "Rosalía sempre viva"

RECOPILACIÓN DE REFRÁNS