XORNADAS "COME LOCAL"

 

Dende o Equipo de Dinamización da Lingua Galega do CEIP A Lomba, dámosvos a benvida a un novo curso escolar. Un curso cheo de fantásticas experiencias que xuntos compartiremos.

Comezamos o curso con comidas, que a tod@ gústanos, por qué non? ☺


Qué vos parece este prato?


Pois a través do comedor, estamos a participar nas xornadas gastronómicas de “Come Local” en colaboración coa Xunta de Galicia. Son diferentes xornadas dedicadas a distintos produtos galegos. Xa comezamos en maio do curso pasado cunhas xornadas dedicadas a tenreira galega, outras ao poio ecolóxico de Vila de Cruces, e este curso escolar comezamos este mércores cunha xornada dedicada ao queixo San Simón da costa. É un queixo moi característico polo seu toque afumado, e é o único queixo en Galicia con estes toques afumados con denominación de orixe.

O cociñeiro, Ruben García , encargouse de realizar un pequeno taller de cociña co alumnado, e entre todos e todas,  prepararon diferentes pratos. Por un lado, elaboraron como prato principal unha ensalada de rúcula e cóengos con espuma de queixo San Simón e marmelada de pexego,  e como sobremesa, no edificio da Lomba, unhas brochetas de queixo San Simón  con marmelo e un po de millo con noces,  e no edificio do Anexo, unhas tartaletas de espuma de queixo con marmelada de pexego e espolvoreado con froita deshidratada: mango e papaya.

 Que ben o pasamos e que rico estaba todo! 😋 Aquí vos deixo algunhas fotos do taller. Ata a próxima aventura!












Comentarios

Entradas populares de este blog

ASÍ FESTEXAMOS A SEMANA DAS LETRAS GALEGAS NO CEIP A LOMBA

XOGA COAS MANCIÑAS

CHARANGUIÑOS VILAGARCIÁNS