DE COR CHOCOLATE, ÁBRENSE COA CALOR, E SE AS BOTAS AO LUME, ESTOUPAN DE SABOR
Bo día a toda a comunidade educativa do CEIP A LOMBA ANEXO. Hoxe traemos unha nova entrada da celebración do magosto no noso centro. Pasámolo xenial. Tiñamos moitísimas ganas de festa, de celebración, de bailar , xogar e cantar... e así sucedeu. 😍 ¿Sabiades que o magosto é unha festa de orixe celta que marcaba o paso do verán ao outono? Era o remate da época na que a vida se fai fora e comezo da época en que a vida se fai no interior a carón do lume. O magosto tradicional enténdese coma unha merenda, a base de castañas asadas, que se celebra no mes de novembro, entorno a data do San Martiño. Encéndese o lume, ata facer brasas, enriba das que se poñen parrillas ou tambores furados, dándolles voltas cun pau ata que estén ben asadas. Mentres tanto, os demáis participantes da festa , buscaban un sitio axeitado para comelas. A festa non sería tal sen contar cos xogos populares, bailes, cantos e contos. E así, se...