DE COR CHOCOLATE, ÁBRENSE COA CALOR, E SE AS BOTAS AO LUME, ESTOUPAN DE SABOR

     Bo día a toda a comunidade educativa do CEIP A LOMBA ANEXO.


       Hoxe traemos unha nova entrada da celebración do magosto no noso centro. Pasámolo xenial. Tiñamos moitísimas ganas de festa, de celebración, de bailar , xogar e cantar... e así sucedeu. 😍

¿Sabiades que o magosto é unha festa de orixe celta que marcaba o paso do verán ao outono? Era o remate da época na que a vida se fai fora e comezo da época en que a vida se fai no interior a carón do lume.

 O magosto tradicional enténdese coma unha merenda, a base de castañas asadas, que se celebra no mes de novembro, entorno a data do San Martiño. Encéndese o lume, ata facer brasas, enriba das que se poñen parrillas ou tambores furados, dándolles voltas cun pau ata que estén ben asadas. Mentres tanto, os demáis participantes da festa , buscaban un sitio axeitado para comelas. A festa non sería tal sen contar cos xogos populares, bailes, cantos e contos.

    E así, seguindo a tradición dos nosos antepasados , celebramos o noso magosto no CEIP A Lomba e no edificio do Anexo. Fóra, por suposto, porque co tempo que tiñamos parecía verán, e é certo que dicen por ahí que a semana que ven chega o frío 😬. 

Con ganas de recitar os refráns sobre esta época, estaban os nenos e nenas de 5º , polo que empezamos o día desta maneira. Que ben o fan. Pinchade no enlace para ver o vídeo:

REFRÁNS DO MAGOSTO

    Despois foi momento de xogar 💓 Tiñamos ata 70 xogos populares galegos para escoller: o clavo, o trompo, a corda, a chave... Foi impresionante e o pasamos de medo. 
















    Despois coas cestiñas feitas en clase e coas familias, fumos por orde a recoller castañas á parrilla para comelas quentiñas.





E así de ben o pasamos e o ano que ven voltamos. 😘


Comentarios

Entradas populares de este blog

XOGA COAS MANCIÑAS

Mariña e Manuel representaron ao CEIP A LOMBA no "Rosalía sempre viva"

RECOPILACIÓN DE REFRÁNS