PENSAMENTOS DE ROSALÍA

 BO DÍA A TODxS:



O  día 23 de Febreiro celébrase o día de Rosalía de Castro, data do nacemento da poetisa galega.
Aquí vos deixo un breve resumo da súa biografía.

Un 23 de Febreiro, no ano 1837, nacía Rosalía de Castro nunha aldea próxima a Santiago de Compostela. Rexeitada polos seus pais ao nacer, ela de familia fidalga e el crego de profesión, Rosalía pasou a súa primeira infancia entre as vilas rurais de Ortoño e Padrón coas súas tías paternas. 

Alí viviu pasaxes que posteriormente lembrará con nostalxia nalgúns dos seus poemas. 

    Semella que a nai de Rosalía se fixo cargo dela cando aínda era unha nena, e xuntas trasladáronse á cidade de Santiago de Compostela. Algunhas fontes aluden ao desexo da nai de que a súa filla recibise unha boa educación, inusual nas mulleres desa época. Lembremos que, naqueles intres, as mulleres sufrían unha gran marxinalidade nas súas actividades creativas e intelectuais con respecto aos homes. 

    As súas circunstancias persoais, marcadas pola irregularidade da súa orixe, non só orixinaron un desconcerto na crítica, senón tamén un profundo sentimento de dor e soidade que a acompañará ao longo da súa vida e reflectirá nas súas obras.     

    Esta dor axudaralle a sensibilizarse cos problemas das minorías, así como os milleiros de galegos que se viron obrigados a emigrar, o campesiñado, as mulleres abandonadas polos seus maridos -por mor de emigración ou morte- e a orfandade infantil.

    Rosalía tamén tivo que emigrar a terras de castela, concretamente á cidade de Madrid. A súa estancia na capital coincide co auxe dos movementos nacionalistas e rexionalistas. Rosalía de Castro foi unha das principais responsables da eclosión cultural que supuxo o Rexurdimento galego. Previamente, Galicia pasara por varios séculos de inactividade literaria debido á imposición caciquil e as estruturas do Antigo Réxime que desprezaba o uso da lingua galega. 

    Despois desta breve biografía de Rosalía, queremos que todo o alumnado e as súas familias leades un pouquiño sobre esta fantástica poetisa da nosa terra galega.

   PARA ISO DENDE O EDLG , PROPOÑEMOS UNHA ACTIVIDADE PARA TODAS AS FAMILIAS.

     Quen consiga memorizar dúas estrofas dalgún dos poemas de Rosalía de Castro en galego (agás o poema ¡Adios ríos, adios fontes! de Cantares gallegos, xa que foi traballado por todo o cole o ano pasado na área de música), poderá "intercambialo" no patio do centro o día 23 de Febreiro por unha mochila que poderá "customizar" ese mesmo día con palabras e versos deses poemas traballados.

    A actividade é moi fácil, recítalle á mestra que atopes no patio dúas estrofas de calquera poema da poetisa, e ela te entregará unha mochila para que podas "customizar" e levarte para casa.

    Nos expositores externos á biblioteca así como nesta mesmo, poderedes consultar e coller para casa calquera dos libros de poemas da poetisa para ler  e gozar dun momento agradable coa familia.

ANIMÁDEVOS ! Seguramente pasedes un bo rato. Ler a Rosalía de Castro, a poetisa sensible, doce, fráxil, melancólica... é todo un pracer... A súa sensibilidade fai de o que escribe un encontro onde o cotiá e o simple, vólvese fermoso. 

    *Por suposto quen se quiera gravar na casa, pode enviar ao seguinte correo a súa gravación e o publicaremos en rede. Ánimo. (julia.m.garcia.r1986@gmail.com)

    Por úiltimo, pinchando en calquera dos seguintes enlaces, poderedes acceder a actividades moi divertidas relacionadas coa vida e obra da poetisa.

Genialy sobre Rosalía

O rosco de Rosalía

Ata pronto amigos!

* Non se pode  participar co poema ¡Adios ríos, adios fontes! xa que foi traballado o ano pasado por todo o cole na área de música.





Comentarios

Entradas populares de este blog

ASÍ FESTEXAMOS A SEMANA DAS LETRAS GALEGAS NO CEIP A LOMBA

XOGA COAS MANCIÑAS

CHARANGUIÑOS VILAGARCIÁNS