I CERTAME DE FOTOGRAFÍA GALEGA DO CEIP A LOMBA

I CERTAME DE FOTOGRAFÍA GALEGA DO CEIP A LOMBA Este ano 2021, a Real Academia Galega dedícalle o Día das Letras Galegas a Xela Arias Castaño (Sarria, 1962 - Vigo, 2003), quen ademais de ser unha das voces máis destacadas da poesía galega contemporánea, tivo tamén unha frutuosa carreira como profesora, editora e tradutora de clásicos. Despois de analizar a súa obra “Tigres coma cabalos” (1990), onde poesía e fotografía dialogan a través de 48 poemas e outras tantas fotografía , dende o Equipo de Dinamización da Lingua Galega ocorréusenos a idea de renderlle homenaxe a través dunha actividade na que poderá participar todo o alumnado do centro: un certame fotográfico. O I certame fotográfico do CEIP A LOMBA. Consistirá nun certame fotográfico onde o tema principal será Galicia . PARTICIPANTES Pode participar todo o alumando do centro, dende Educación Infantil ata 6º de Primaria. TEMÁTICA As imaxes presentadas deben estar situadas en Galicia e ter com...